CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 7

Varios; Consello de redacción da revista (Preparación da edición); Xesús Ferro Ruibal (Director)

2005

84-453-4151-0 (Cadernos de Fraseoloxía Galega 7, 2005)

Prezo: 9 €

Páxinas: 352

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: euroGráficas pichel, S.L.

Na sección de “estudos” do número 7 da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega, correspondente a 2005, trátanse temas como a fraseoloxía tópica española, as locucións verbais nos dicionarios, as nocións de restrición léxica e colocación, o refrán meteorolóxico, o status do baixoalemán xurídico e a aplicación didáctica da fraseoloxía. Ofrécese, ademais, unha abordaxe xeral da fraseoloxía portuguesa e unha homenaxe a Cervantes, a través da interpretación dos fraseoloxismos quixotescos. Recóllese tamén un glosario de locucións adverbiais do galego medieval e un glosario paremiolóxico plurilingüe. A sección de “recadádivas” inclúe un breve glosario fraseolóxico do Concello das Neves. Na sección de “recensións” analízase un libro de fraseoloxía rusa, catro de fraseoloxía castelá e coméntanse, ademais, tres tipos de recolleita fraseolóxica de Galicia. Están representadas neste número as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo; a de Valencia e a de Alicante; do Algarve e de Faro (Portugal); de Bielefeld e de Tübingen (Alemaña), de S. Petersburgo (Rusia) e o Colegio de Michoacán (México).

Contidos

Autor/TítuloPDF
ÁLVAREZ DE LA GRANJA, María: Glosario de locucións adverbiais do galego medieval
BAPTISTA, Jorge; FERNANDES, Graça; CORREIA, Anabela: Léxico-gramática das frases fixas do portugués europeo. Breve presentación
CARBONELL BASSET, Delfín: O clixé e a fraseoloxía tópica española
CONCA, Maria: Achegas da fraseoloxía á didáctica da lingua e a literatura
GONZÁLEZ GARCÍA, Luis: Castelán a hecho, galego a eito: dúas locucións de diferente fortuna
JORGE, Guilhermina: Periplo pola fraseoloxía portuguesa: abordaxe lexicográfica
KÓTOVA, Marina: Unha vez máis sobre a correlación entre paremioloxía e fraxeoloxía
MOGORRÓN HUERTA, Pedro: As locucións verbais nos dicionarios
MUÑIZ ÁLVAREZ, Eva María: Notas para unha análise comparativa das nocións de restrición léxica e colocación
PEREIRA GINET, Tomás: Fiando paremias (I): glosario paremiolóxico multilingüe galego, portugués, castelán, francés, italiano e inglés
PÉREZ MARTÍNEZ, Herón: Os ditos do Diccionario de mejicanismos de Santamaría
RÍO CORBACHO, Pilar: O refrán meteorolóxico: estudo, comparación con outras linguas (castelán e francés) e proposta de nova denominación
WIRRER, Jan: Wat mehr regelt en Gesset. Versión baixoalemá da Constitución do Estado alemán de Bremen. Tradución de termos monoverbais, pluriverbais e colocacións da linguaxe xurídica a unha lingua non estandarizada
ZULUAGA OSPINA, Alberto: Interpretación textolingüística de fraseoloxismos quixotescos
BARBEITO LORENZO, María Dolores: Frases feitas do Concello das Neves
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas