CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro IX Sobre o humor de Cervantes no Quixote

Siro López

2005

84-453-4241-X

Prezo: 6 €

Páxinas: 100

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

A arte do debuxo, sexa en viñetas de prensa ou en coleccións que reúnen personaxes populares ou figuras da nosa cultura ten, na Galicia das catro últimas décadas, un inevitable referente na figura do ferrolán Siro López, artista do humorismo gráfico e así mesmo estudioso do humor, circunstancia, esta última, que xa ten acreditado nas páxinas que dedica a Castelao e que agora referenda neste ensaio Sobre o humor de Cervantes no Quixote, onde analiza o fenómeno humorístico nos celebrados personaxes do Quixote e, por conseguinte, percorre as claves do humor cervantino sen esquecer a vida do escritor e o contexto da época que lle tocou vivir, reservando aínda algún capítulo para a caracterización xeral do humor e do humor galego en particular. A prosa, lixeira, casa ben coa amenidade da escrita nunhas páxinas sen dúbida atraíntes, tamén reflexivas e ben documentadas. O resultado é un libro non tanto erudito como intuitivo, persoal, froito dun madurecido artista de irrenunciable galeguismo.