CRPIH

 

Arazua (Montevideo, 1929-1930) / Raza Celta (Montevideo, 1934-1935)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado e María Vilariño Suárez (Edición)

2006

84-453-4225-8

Prezo: 20 €

Páxinas: 240

Formato: 39.3 x 26.5 cm.

Imprime: Grafisant, S.L.

Arazua (Montevideo, 1929) e Raza Celta (Montevideo, 1934) son as dúas cabeceiras de prensa que, no ámbito da emigración galega en Uruguai, situamos na liña da prensa político-cultural de orientación galeguista e autonomista, inspiradas pola Asociación Protectora da Cultura Galega e polo Comité Autonomista Galego respectivamente. O doutor Constantino Sánchez Mosquera promoveu estas publicacións que difundiron a cultura galega, apoiaron as nosas institucións culturais e informaron os galegos de Uruguai. Recuperadas e editadas conxuntamente en edición facsimilar, as fichas técnicas, índices e notas introdutorias, facilitan a consulta e o alcance destas páxinas onde colaboran ilustres escritores e académicos galegos, mentres Galicia se proxecta en terras americanas onde ecoan novos tempos e novas ilusións para o país.