CRPIH

 

Yunque (Periódico de vanguardia política)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado, Marisa Moreda Leirado e María Vilariño Suárez (Edición)

2006

84-453-4326-2

Prezo: 14 €

Páxinas: 50 máis as do facsímile

Formato: 31 x 22 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Desta case mítica –foleana e luguesa– Yunque había os números do ano 1932. Agora, grazas ao labor de Claudio Rodríguez Fer e de Elvira M. Melián (e aos esforzos de investigadores como Modesto Hermida ou X. Alonso Montero) temos os tres números de 1931 e así completamos a xeira deste “Periódico de vangarda política” que veu precedido de cabeceiras como Guión e Ahora e que dirixiu Ánxel Fole coa colaboración de Francisco Lamas, Ángel Johan, Romero Boelle, A. Suárez e tamén con achegas de López Durá, Martínez López, Pimentel, Cunqueiro, L. Manteiga, Santiso Girón e outros. Un puntual e documentado traballo de Claudio Rodríguez Fer ofrece unha axeitada visión do que foi Yunque desde ópticas diversas e como publicación dos tempos da II República: como exemplo de vangardismo integral: ideolóxico-político e literario-cultural. Contextos de prensa de Galicia e Lugo, percorrido polos seis números, notas biobibliográficas e índices integran esta nova edición –primeira completa– de Yunque onde tamén García Lorca deixa unha mostra do que ían ser os seus poemas galegos.