CRPIH

 

Xosé Otero Espasandín. Obra Galega

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); María Cuquejo Enríquez (Edición); Xosé Gregorio Ferreiro Fente (Colaborador)

2006

84-453-4254-1

Prezo: 6,40 €

Páxinas: 208

Formato: 21 x 14.5 cm.

Imprime: Galigraf Galicia

Xosé Otero Espasandín (1900-1987), pontevedrés, foi un dos poetas sen libro da súa xeración e para coñecer a súa reducida produción poética temos que ir a fontes diversas, sobre todo ás páxinas de prensa (Nós, Universitarios, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, etc) ou a algunha antoloxía. Esta situación está agora positivamente corrixida na compilación efectuada da súa Obra Galega, que recolle os textos do libro Alfabeto (anunciado pero inédito) co engadido de ilustrativos textos de prosa galega de carácter sobre todo epistolar e diferentes artigos que publicou nas páxinas literarias da prensa galega. A todo isto temos que sumar un ben documentado estudo biográfico que percorre os tempos da II República en Galicia, a guerra civil e o longo exilio en Inglaterra, Arxentina e Estados Unidos. As circunstancias –duras, tráxicas– da existencia do escritor impediron o crecemento do seu labor poético, do que temos aquí un apunte crítico e unha puntual bibliografía.