CRPIH

 

La Unión Gallega

(Director); Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Manuel Quintáns Suárez (Edición)

2006

84-453-4328-9

Prezo: 3,20 €

Páxinas:

Formato: CD-ROM

Imprime: Copybelén

Semanario que tentou promover “la unión y fraternidad de la colonia gallega” no Uruguai. Foi a cabeceira de prensa galega daquel país que tivo máis longa xeira, pois sumando as súas dúas etapas tirou máis de 1300 números. Dirixida polos xornalistas José F. Agrasar e Ramón Cerdeiras forneceu a información máis ampla, precisa e completa sobre as comunidades de inmigrantes españois en Uruguai, e particularmente sobre os galegos, dando conta das circunstancias (cambiantes, diverxentes, prósperas ou adversas) polas que atravesaron xa antes da temperá creación do Centro Galego (1879) que foi pioneiro no mundo. Esta edición en CD recupera os 200 primeiros números da colección, unha parte certamente representativa do semanario cuxas páxinas están precedidas dun estudo e índices que facilitan a consulta dos textos. No apartado puramente informativo (societario, económico, político, comercial, etc.) ten La Unión Gallega a súa xustificación, mentres que o cultural resulta subsidiario.