CRPIH

 

Escritos sobre Federalismo e Galeguismo

Aureliano Pereira; Ramón Máiz (Prólogo); Esther Martínez Eiras (Tradutor)

2006

978-84-453-4302-9

Prezo:

Páxinas: 360

Formato: 14.5 x 21 cm.

Imprime:

Aureliano José Pereira de la Riva (1855-1906), lugués de nacemento, exerceu como xornalista, poeta, dramaturgo e ensaísta. Foi director do Diario de Lugo e fundador e director de El Regional. Participou activamente na vida política do seu tempo, integrado no partido federal e instalado nun federalismo rexionalista de signo populista ata rematar na militancia rexionalista de carácter cultural. En Escritos sobre Federalismo e Galeguismo reúnense diferentes textos (moitos deles tomados de El Regional), algúns de tipo oficial ou programático. Ademais da visión da problemática rexionalista temos aquí a atención ao republicanismo e a cuestións puntuais como o caciquismo, a lingua, a emigración, as folgas, a Academia Galega, a muller e as carreiras profesionais, a loita, os persoeiros da política ou da cultura (desde Menéndez y Pelayo ata Pi y Margall ou Camilo Placer).