CRPIH

 

Niveis de competencia en lingua galega. Descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL)

Elvira Fidalgo (Director do proxecto); Elvira Fidalgo, Margarita Chamorro, Bieito Iglesias, Xulio C.Sousa, Manuel Núñez Singala, Pilar Concheiro, Yolanda López, Olga Iglesias (Equipo de investigación)

2006

84-453-4306-8

Prezo: 3 €

Páxinas: 64

Formato: 20 x 26 cm.

Imprime: Litonor

A presente investigación iníciase cunha introdución na que se fai referencia ás razóns que levaron aos cambios pertinentes e necesarios na elaboración das probas de galego, pasando dos anteriormente coñecidos como nivel inicial e de perfeccionamento aos cinco niveis CELGA (Certificados de Lingua Galega), adaptados aos cinco niveis do MECRL (A2, B1, B2, C1, C2), resultado da reunión anual mantida en Cardiff o 9 de novembro do 2005 polos membros de ALTE (Association of Language Testers of Europe). Nas sucesivas seccións, preséntanse os estudos pormenorizados de cada un dos niveis dos CELGA seguindo a mesma estrutura: Descrición xeral do nivel en cuestión, descrición do nivel segundo as distintas habilidades (comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita), referencia aos contidos, apartado que está dividido en tres áreas: lingua e comunicación, onde se especifican as funcións comunicativas segundo o nivel; lingua e sistema, onde se explican os saberes relacionados co código lingüístico, gramaticais, fonéticos, ortográficos e léxicos, e, xa para rematar, os contidos socioculturais relacionados coa lingua, a cultura e a sociedade.