CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 10

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2008

ISSN: 1698-7861

Prezo: 6,75 €

Páxinas: 360

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Galigraf-Galicia, S.L.

27 colaboradores, pertencentes a cinco Estados europeos e dous africanos, ofrecen primeiramente 12 traballos que se reparten entre estudos taxonómicos ou fraseográficos de Véselka Ángelova Nénkova e Carlos González-Espresati; Jenny Brurnme; Dolors Catalá Guitart; Isabel Echevarría Isusquiza e Javier Arbulu Aguirre; Abdendi Lachkar; e Juan A. Martínez López e Gunn Aarli; un estudo de Marcial Gondar Portasany que explora a fronteira entre antropoloxía e fraseoloxía; está presente a comparación plurilingüe cos artigos de Mª José Corvo Sánchez, Angelika Menaker, Silvia Molina Plaza e Mona Noueshi e finalmente de fraseodidáctica ofrece un traballo Stefan Ettinger. Na sección de RECADÁDIVAS Xesús Ferro Ruibal edita o Refraneiro de Grou (Lobios) recollido por Bieito Fernandes do Palheiro; e Dorinda Penín Rodríguez outra recolleita de 119 expresións da Limia. Na sección de RECENSIÓNS analízanse Lenguaje gurado y motivación. Una perspectiva desde la fraseología, Nouveaux apports à l’étude des expressions figées, El componente etnolingüístico de la paremiología, Diccionario de Fraseoloxía Galega, La didactique du français idiomatique, Beiträge zur Phraseologie aus textueller Sicht; Colocaciones y fraseología en los diccionarios, La collocation adjectif-adverbe et son traitement lexicographique. Français - allemand - espagnol, Fraseografía teórica y práctica e por último Hai Voluto la bicicletta… E sercizi su fraseología e segnali discorsivi per studenti di italiano LS/L2. Esta sección complétase coa de NOVAS na que se dá noticia de libros e artigos chegados á redacción e onde se presentan os grupos de investigación Fraseonet da USC e Frasespal (proxecto de investigacón interuniversitario).

Contidos

Autor/TítuloPDF
ÁNGELOVA NÉNKOVA, Véselka; GONZÁLEZ-ESPRESATI, Carlos: Alternancia e fixación do diminutivo nas unidades fraseolóxicas
BRUMME, Jenny: As unidades fraseolóxicas no castelán de Cataluña. Revisión dunha norma constituínte a partir da perspectiva histórica
CATALÀ GUITART, Dolors: Elementos de descrición dos adverbios fixos do catalán no dominio culinario
CORVO SÁNCHEZ, Mª José: Dúas seccións fraseolóxicas plurilingües nos Sprachbücher de Juan Ángel de Zumaran
ECHEVARRÍA ISUSQUIZA, Isabel; ARBULU AGUIRRE, Javier: Apuntamentos sobre fraseoloxía e literatura
ETTINGER, Stefan: Alcances e límites da fraseodidáctica. Dez preguntas clave sobre o estado actual da investigación
GONDAR PORTASANY, Marcial: A hermenéutica cultural como ferramenta para a fraseoloxía. O caso dos “dicta” populares sobre o paseo e a paisaxe
LACHKAR, Abdenbi: Literal/metafórico, proverbio/non proverbio? Para unha identificación das locucións estereotipadas expresivas
MARTÍNEZ LÓPEZ, Juan A.; AARLI, Gunn: Locucións e colocacións: algunhas causas da coaparición dos seus formantes
MENAKER, Angelika: As funcións da cor verde en unidades fraseolóxicas españolas, húngaras e alemás
MOLINA PLAZA, Silvia: Puntos de contacto e diferenza: a tradución de expresións idiomáticas e refráns metafóricos e metonímicos
NOUESHI, Mona: Os grandes pícaros nas anécdotas e modismos alemáns e árabes. Un estudo comparativo
FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro de Grou (Lobios) recollido por Bieito Fernandes do Palheiro
PENÍN RODRÍGUEZ, Dorinda: Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas