CRPIH

 
Logo Informe de literatura 2007

Informe de literatura 2007

Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); Mª Esther De León Viloria, Mª del Mar Fernández Vázquez (Bolseiro)

2008

978-84-453-4696-9

Prezo: 8 €

Páxinas:

Formato: CD

Imprime: Aica

O Informe de literatura é un observatorio de Literatura galega que recolle a produción anual que de literatura e sobre literatura galega se publica en Galicia e fóra dela. Dende 1995, primeira entrega até o ano 2000, publicouse en formato libro, a partir deste ano faise en CD-ROM en formato PDF. Calquera interesado pode consultar todos os informes dende a páxina web (www.cirp.es), no apartado denominado “Recursos en liña”. A estrutura, coma nas edicións anteriores, está conformada polos apartados: Narrativa, Poesía, Teatro, Día das Letras Galegas, Ensaio, Teoría Xeral, Crítica, Biografías, Clásicos greco-latinos, Literatura infantil e xuvenil, Literatura de transmisión oral, Revistas, Premios, Literatura Medieval, Folletos de novidades editoriais e Páxinas web. Neles descríbense a produción anual de Literatura e sobre Literatura e a súa recepción, dáse noticias de premios, postas en escena e do labor das institucións que acollen a Literatura galega.