CRPIH

 
Logo Lérez. Revista do Centro Pontevedrés de Bos Aires (1962)

Lérez. Revista do Centro Pontevedrés de Bos Aires (1962)

Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto (Edición)

2008

978-84-453-4710-1

Prezo: 10 €

Páxinas: 116

Formato: 20 x 28,5 cm.

Imprime: CA Gráfica

Lérez (1962) foi o único e extraordinario número dunha revista voceira do Centro Pontevedrés de bos Aires, que fundada en 1942 celebraba os seus XX anos de vida. Case cen páxinas ben ilustradas, culturais e societarias, con moi ilustres colaboradores (Castelao, Sánchez Cantón, Filgueira Valverde, Leandro e Uxío Carré Alvarellos, V. Paz Andrade, D. García-Sabell ou R. Suárez Picallo entre outros), falan do interese de Lérez, galego e, moi particularmente, pontevedrés, rural e urbano, poético e musical, nacionalista aínda e moi preocupado pola lingua.