CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (XI)

Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto (Edición)

2009

978-84-453-4790-4

Prezo: 6 €

Páxinas: 100

Formato: Libro 16,5x24 cm

Imprime: Grafinova, S.A.

Un pequeno grupo de destinatarios, non todos galegos, aparecen nestas páxinas de novas cartas de Ramón Piñeiro que ocupan unha extensa cronoloxía, que vai dende 1949 a 1978. Filgueira Valverde, Agustín Sixto Seco ou Gabriel Celaya son algúns dos máis coñecidos destinatarios destas cartas. Hai nestas páxinas, dun epistolario plural, un pouco de todo no que se refire á temática: cuestións do galeguismo do día a día, publicacións, xuntanzas e iniciativas, problemas diversos e, conxuntamente, informacións circunstanciais e algunhas confidencias. As cartas de Filgueira Valverde –núcleo fundamental desta recompilación– percorren episodios duros e difíciles da vida de Ramón Piñeiro (aínda coa experiencia do cárcere) nos anos da posguerra. Inclúese, excepcionalmente, unha carta de Xosé M. Rodríguez Pampín a Piñeiro.