CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (XII)

Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto (Edición)

2009

978-84-453-4803-1

Prezo: 6 €

Páxinas: 116

Formato: Libro 16,5x24 cm

Imprime: Grafinova, S.A.

José Luis Pensado Tomé (1924-2000), catedrático de Filoloxía Románica e de Galego-Portuguesa nas universidades de Oviedo e Salamanca, desenvolveu un amplo traballo de investigacións en temas, figuras e problemas da filoloxía galega, labor no que salientan as súas publicacións sobre Sarmiento, as súas colaboracións en Grial e numerosas achegas aparecidas en prestixiosas revistas filolóxicas. De 1958 a 1983 mantivo unha correspondencia epistolar con Ramón Piñeiro, que foi o seu informante, o seu editor e amigo, como revelan estas máis de sesenta cartas que aquí editamos e anotamos con estrita fidelidade aos orixinais. Cuestións lingüísticas (léxicas, bibliográficas, etimolóxicas, documentais etc.) son o tema único e constante destes escritos.