CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (XIII)

Luís Cochón, Miro Villar (Edición)

2009

978-84-453-4804-8

Prezo: 8 €

Páxinas: 184

Formato: Libro 16,5x24 cm

Imprime: Grafinova, S.A.

Luis Cochón Touriño e Miro Villar prepararon a edición deste importante epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán que transcorre polos terreos da amizade persoal, do galeguismo cultural, das ideas político-culturais do galeguismo piñeirista, das referencias onomásticas das xentes que andaban arredor dos protagonistas deste epistolario, moi rico en presenzas, en ideas e principios, en feitos e circunstancias, en opinións e valoracións. Epistolario denso de contidos e abondoso en argumentos galeguistas, salientan nel case duascentas notas de todo tipo (biobibliográficas en particular) que completan, precisan ou matizan estas significativas cartas, cincuenta en total. As ilustracións son de Virxilio e o índice onomástico de Élida Abal e Alexandra Cillero.