CRPIH

 

Céltiga. (Bos Aires, 1924-1932)

Luís Alonso Girgado, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto (Edición)

2009

978-84-453-4722-5

Prezo: 35 €

Páxinas: 372

Formato: Libro 20,5x29 cm

Imprime: Galigraf Galicia

Foi Céltiga (Bos Aires, 1924-1932). Revista de Arte, crítica, literatura y Actualidades, cos seus máis de cento oitenta números, a súa extraordinaria riqueza e variedade de ilustración, as súas fermosas cubertas e a súa vocación galeguista, declarada nos asuntos tratados e no seu ascendente emprego da lingua da terra, acaso a mellor revista cultural e literaria das que se fixeron na nosa diáspora, que non foron poucas. Os primeiros sete números recuperados neste volume, correspondentes ao ano 1924, van precedidos dun documentado limiar, ficha técnica, textos de recepción da prensa da época e índices. Trátase, xa que logo, dun importante primeiro paso que ha de ter a necesaria continuidade ata a publicación completa da revista.