CRPIH

 

Clave Orión. (Números XII- XV)

Varios

2009

978-84-453-4778-2

Prezo: 20 €

Páxinas: 288

Formato: Libro 17x24 cm

Imprime: Grafisant, S.L.

Despois da súa aventura na revista Nordés, a poeta, profesora, ensaísta e académica Luz Pozo Garza crea Clave Orión, que en 2009 ofrece a súa máis recente entrega, onde hai unha múltiple homenaxe a Pura Vázquez, Luís Pimentel, Eduardo Moreiras e outros. A revista, que contou sempre co apoio do Centro Ramón Piñeiro e da Xunta de Galicia, presenta agora un amplísimo número, moi xenerosamente ilustrado, que corresponde á cronoloxía 2005- 2009. “O faro extraviado”, “Mensura”, “Paradiso”, “A pruma na man”, “Donas da palabra” e outras, continúan a ser seccións habituais da publicación, pola que desfilan numerosos nomes de poetas galegos de hoxe con marcada presenza de voces de muller. Luz Pozo e Natalia Regueiro estiveron ao coidado da edición destas fermosas páxinas de “Poesía galega actual”.