CRPIH

 

Pola Melhor Dona de Quantas fez Nostro Senhor. Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani

Mercedes Brea (Coordinadora)

2009

978-84-453-4784-3

Prezo: 18 €

Páxinas: 432

Formato: Libro 17x24 cm

Imprime: Grafisant, S.L.

As relacións da profesora Giulia Lanciani co Centro Ramón Piñeiro veñen dende a creación deste, pois formou parte do comité de expertos que se reuniron para asesorar o equipo encargado da lírica medieval, en particular na organización da MedDB (Base de datos da lírica profana galego-portuguesa medieval). Esta homenaxe en forma de libro baixo o emblema dun verso de Fernan Velho, Pola melhor dona de quantas fez Nostro Senhor, recolle achegas de distintos especialistas que, baixo a coordinación de Mercedes Brea, quixeron deixar a súa pegada no recoñecemento a Giulia. Dende temas lingüísticos como o estudo do diminutivo en galego medieval ata aproximacións á literatura italiana en figuras como Bocaccio e incidindo especialmente nos contributos á lírica medieval galego-portuguesa sobre a métrica, os xéneros e a codicoloxía, o volume recolle textos de R. Álvarez, J. M. Andrade, M. Arbor, C. F. Blanco Valdés, M. Brea, E. Corral, J. Couceiro, J. M. Díaz de Bustamante, A. A. Augusto Domínguez Carregal, A. Mª Domínguez, F.J. Fernández Campo, A. Fernández Guiadanes e G. Pérez Barcala, E. Fidalgo, Mª J. Folgar, I. González, D. González Martínez, S. Gutiérrez, Mª M. López Casas, S. López Martínez-Morás, P. Lorenzo e S. Marcenaro, R. Lorenzo, M. Meléndez, M. Á. Pousada, X. Ron, J. A. Souto Cabo e, por último, R. Vizcaíno.