CRPIH

 

Ramón Piñeiro na lembranza.

2009

978-84-453-4791-1

Prezo: 6 €

Páxinas: 50

Formato: Libro 22x23 cm

Imprime: Difux, S.L.

Ramón Piñeiro na lembranza é o título do catálogo da exposición monográfica sobre Ramón Piñeiro do artista plástico e ensaísta ferrolán Siro López, amigo de Ramón Piñeiro e admirador do legado galeguista e da figura humana do home de Láncara. Esta exposición percorreu diferentes cidades galegas ao longo de 2009, ano das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro. O catálogo, edición da Xunta de Galicia e o Centro Ramón Piñeiro, leva unha presentación de Manuel González González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e un limiar do propio Siro. Arredor de medio cento de retratos, caricaturas e figuracións sobre Ramón Piñeiro, concretados tecnicamente en témperas, tintas, sanguinas ou pasteis integran este libro que enriquece e prestixia a iconografía do homenaxeado Ramón Piñeiro.