CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 11

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2009

ISSN: 1698-7861

Prezo: 6,75 €

Páxinas: 447

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Ofireyco

Neste número ofrécense sete estudos taxonómicos ou fraseográficos de Mercè Biosca Postius e Károly Morvay, Iovka Bojílova Tchobánova, Marek Laskowski, Inés Olza Moreno, María do Rosario Soto Arias e Luís González García, Michel Quitout, Mª Pilar Río Corbacho e, finalmente, Mª Antonella Sardelli; está presente a comparación fraseolóxica plurilingüe (galego con portugués, castelán, francés, alemán, polaco e húngaro) cos traballos de Vilmos Bárdosi, Xesús Ferro Ruibal e Wiktoria Grygierzec; e Aina Torrent-Lenzen. Na sección de RECADÁDIVAS Xesús Ferro Ruibal e Fernando Groba Bouza editan 385 expresións recollidas por Laureano Prieto na Gudiña; Anxos Hermida Alonso publica 254 expresións recollidas pola autora no barrio de Matamá en Vigo e Estefanía Prieto Donate artella o traballo de campo de 300 escolares de diferentes lugares de Galicia. Na sección RECENSIÓNS analízanse Introducción a la fraseología española. Estudio de las locuciones; Discurso, Lengua y metalenguaje – Balance y perspectivas; Seminario Internacional Colección Paremiológica, Madrid, 1922-2007; Theorie und Praxis der idiomatischen Wörterbücher; Pocas palabras bastan: vida e interculturalidad del refrán e 1001 refranes españoles con su correspondencia en alemán – árabe – francés – inglés – italiano – polaco – provenzal y ruso. Esta sección complétase coa de NOVAS na que se dá noticia de libros e artigos chegados á redacción, así mesmo infórmase da publicación do libro Aspectos teóricos da fraseoloxía de Anatolij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij e tamén se inclúe información sobre o Coloquio Internacional de Fraseografía celebrado en maio na Universidade de Santiago de Compostela. Están representadas neste número as tres Universidades de Galicia, o Centro Ramón Piñeiro, o IES Eusebio da Guarda e tamén as Universidades de Lleida, Navarra, Complutense de Madrid, Lisboa, Köln, Wien, Eötvös Loránd (Budapest) e Góra (Polonia); e o centro CPST-Toulouse.

Contidos

Autor/TítuloPDF
BÁRDOSI, Vilmos: Os perfís lingüísticos da man en francés, contrastados co húngaro, español, galego e alemán
BIOSCA POSTIUS, Mercè; MORVAY, Károly: A fraseoloxía moncadiana
BOJÍLOVA TCHOBÁNOVA, Iovka: Os somatismos máis frecuentes na fraseoloxía portuguesa
FERRO RUIBAL, Xesús; GRYGIERZEC, Wiktoria: Esterotipos na fraseoloxía: o caso galego-portugués
LASKOWSKI, Marek: Fórmulas rutineiras na teoría e na práctica
OLZA MORENO, Inés: Habla, soy todo oídos. Reflexo das accións e das actitudes do receptor na fraseoloxía somática metalingüística do español
QUITOUT, Michel: Traduci-los refráns. Elementos de tradutoloxía
RÍO CORBACHO, Mª Pilar: BADARE: unha ferramenta de traballo na paremioloxía meteorolóxica e do calendario na Romania
SARDELLI, Mª Antonella: Aproximación á elaboración do mínimo paremiolóxico italiano
SOTO ARIAS, Mª Rosario; GONZÁLEZ GARCÍA, Luis: Folclore contístico, fraseoloxía paremioloxía. Interrelacións xenésicas
TORRENT-LENZEN, Aina: Lema, categoría e definiens na fraseografía monolingüe do español e bilingüe español-alemán
FERRO RUIBAL, Xesús; GROBA BOUZA, Fernando: Dichos y refranes en dialecto vianés de Laureano Prieto (1951) (ms. RAG-C170/5)
HERMIDA ALONSO, Anxos: Fraseoloxía de Matamá (Vigo)
PRIETO DONATE, Estefanía: Refraneiro escolar galego do cambio de milenio
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas