CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2010

ISSN: 1698-7861

Prezo: 9,5 €

Páxinas: 473

Formato: 24x17 cm

Imprime: Galigraf

Neste número de Cadernos de Fraseoloxía Galega 12,2010 ofrécense doce ESTUDOS sobre a fraseoloxía do húngaro, do esperanto; un aspecto da fraseoloxía vasca; a historia da fraseoloxía (Bréal e Bally), a fraseografía (información pragmática), a utilización na publicidade, nos escritos académicos; a tradución e a didáctica. Da fraseoloxía galega estúdase a manipulación na utilización xornalística e o corpus fraseolóxico referido a dentes e moas e tamén a peixes e animais mariños. O traballo de campo de fraseoloxía galega ofrece tres RECADÁDIVAS, unha feita en Carballedo, outra de toda Galicia limitada a locucións verbais e outra temática (o gando equino). Cinco RECENSIÓNS analizan os libros de Baránov e Dobrovol’skij , de Dobrovol’skij e Piirainen, de Río Corbacho, de González Radío, as actas dun Congreso de fraseoloxía contrastiva español-alemán, e un libro de Antón Cortizas. A sección de NOVAS ofrece a referencia completa do máis relevante no eido da fraseoloxía producido no último ano en todo o mundo. Neste número están representados o Centro Ramón Piñeiro, a Universidade de Santiago de Compostela, a Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o IES Sánchez Cantón de Pontevedra; tamén as Universidades Alcalá de Henares, Oviedo, Salamanca; a Euskal Herriko Unibertsitatea/Universidad del País Vasco; a ELTE de Budapest, a Nyugat Egyetem de Hungría, a Helsingin Yliopisto (Helsinki) e o Geisteswissenschaftliches Zentrum (Universität Leipzig).

Contidos

Autor/TítuloPDF
BALÁZS, Géza: Panorama da fraseoloxía húngara
BÁRDOSI, Vilmos: Michel Bréal e Charles Bally, dous precursores da fraseoloxía moderna
CAJARAVILLE ARAÚJO, Héctor: A manipulación das expresións fixas nos titulares da prensa gratuíta: De luns a venres
FERRO RUIBAL, Xesús: Dentes e moas na fraseoloxía galega
FIEDLER, Sabine: Fraseoloxía do esperanto
IÑESTA MENA, Eva Mª: Didáctica das expresións idiomáticas dende un enfoque plural: imaxes e emocións na aula de lingua estranxeira
MARTÍNEZ BLANCO, Xulián; VEIGA ALONSO, Serxio: Fraseoloxía galega de peixes e outros animais mariños
ODRIOZOLA PEREIRA, Juan Carlos; ONDARRA ARTIEDA, Ainara: Conectores, gramaticalización e polaridade: o caso de ere 'tamén' na lingua vasca
PASTOR LARA, Alejandro: Unidades fraseolóxicas especializadas e tradución
PENADÉS MARTÍNEZ, Inmaculada: Información superflua da orixe pragmática na definición lexicográfica das locucións verbais
RECIO ARIZA, Mª Ángeles: O emprego da fraseoloxía como recurso específico na publicidade
SANROMÁN VILAS, Begoña: Unidades fraseolóxicas na sección de agradecementos dos escritos académicos
SILVA LÓPEZ, Martina: Símbolos nos fraseoloxismos con nomes de animais en alemán e español
GONZÁLEZ GUERRA, Anxo: Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)
GROBA BOUZA, Fernando: “A cabalo regalado non se lle mira o dente”. Compilación da fraseoloxía equina galega actual
MARTÍNS SEIXO, Manuel Anxo: 120 locucións verbais galegas
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas