CRPIH

 

Índices d'O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún

Pedro Benavente Jareño, Xesús Ferro Ruibal

2010

Prezo:

Páxinas: 1.637

Formato: 29,7 x 21 cm

Imprime:

Atendendo as suxerencias de diferentes lectores ofrecemos nesta carpeta uns completos índices que permiten localizar facilmente a páxina exacta na que está calquera dato. Son estes: índice de lemas léxicos e fraseolóxicos (que permite chegar á páxina e número de cada lema); índice de refráns; índice de cantigas e índice de adiviñas. Tamén se ofrecen aquí tres índices para o manexo das fontes: o índice de siglas (que figura xa no libro nas páxinas 1571-1632) pero, agora tamén, o índice de xeográfico de fontes e o índice de informantes. Deste xeito o usuario pode acceder á información que lle interese por diversos camiños (por palabras, por tipo de información, polo territorio de onde procede ou polo informante que a facilitou). E, para completalo, ofrecémo-la propia base de datos léxica en formato DBF/DBT. Con esta ferramenta, o lector interesado queda habilitado para manexar esta información coa mesma facilidade cós propios autores.