CRPIH

 

O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún

Pedro Benavente Jareño, Xesús Ferro Ruibal

2010

978-84-453-4948-9

Prezo: 92,34 €

Páxinas: 1.637

Formato: 29,7 x 21 cm

Imprime: Grafisant

Nesta monografía de 1.635 páxinas artéllanse harmonicamente 12.000 entradas léxicas, 5.000 fraseolóxicas e máis de 1.300 elementos da tradición oral, recollidos de 2.411 fontes de información e 293 concellos de Galicia (e algúns do galego exterior), referidas exclusivamente ó gando vacún e ós seus produtos e subprodutos. Non é un libro de terminoloxía, porque recolle as variantes dialectais, pero ofrece as bases para a decisión terminolóxica. A organización do material é a da ciencia veterinaria: exterior, características, fisioloxía, anatomía, a vaca na alimentación, reprodución, patoloxía (infecciosa, parasitaria, médica, cirúrxica, da reprodución, síndromes), actividade do gando e do gandeiro, o trato ou comercialización, os espectáculos con bovinos, as crenzas e calendario gandeiro, a vaca como referencia mental, mítica ou ritual, o humor gandeiro, a presenza na toponimia e na literatura galega. Neste repaso case exhaustivo a un campo semántico a lingua galega aparece como unha ferramenta de enorme precisión e riqueza; e a vaca, factor decisivo da economía de Galicia, resulta ser unha referencia mental colectiva, case o animal totémico de Galicia.