CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro (XX). Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas

Luís Alonso Girgado, Luís Cochón, Lorena Domínguez Mallo (encargados da edición).

2011

978-84-453-5028-7

Prezo: 5,10 €

Páxinas: 114

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant sl (Santiago de Compostela)

Remuíño de prosas, é a recompilación dun conxunto de vintedúas prosas curtas de Álvaro Cunqueiro, escritas orixinariamente en galego e integradas por escritos (prólogos, epílogos, colaboracións en revistas, presentacións, …) ou por laudes e discursos de carácter oral. Os asuntos tratados deseñan un variado abano de temas nunha cronoloxía moi ampla que chega ata pouco antes da morte do escritor. Preside o conxunto unha oración fúnebre por Cabanillas. Os orixinais reproducidos están filoloxicamente respectados. Unha breve presentación e un corpus de máis de cen notas a pé de páxina completan esta edición coa que o Centro Ramón Piñeiro homenaxea ao escritor, Álvaro Cunqueiro, no primeiro centenario do seu nacemento.