CRPIH

 

Soma de craridades por Álvaro Cunqueiro e unha carta a Luís Seoane por Santiago Montero Díaz

Luís Cochón e Luís Alonso Girgado (encargados da edición)

2011

978-84-453-5001-0

Prezo: 4 €

Páxinas: 52

Formato: 270x200 mm

Imprime: Gráficas de Asturias, sl

No ano 1977, co selo editorial de Cuco-Rei, na Coruña, publicaba Luís Seoane un singular facsímile no que ían xuntos, en prosa (epistolar) ou verso, tres escritores, tres amigos que conviviron en anos de mocidade, en Santiago de Compostela, nos tempos da Segunda República : Álvaro Cunqueiro, Santiago Montero Díaz e o mesmo Luís Seoane. No bienio 2010-2011, tempos do centenario dos tres, están xuntos novamente nestas páxinas respectuosamente facsimilares do Centro Ramón Piñeiro, elaboradas a partir do exemplar nº 29 da primeira e curta edición de 1977, inencontrable hai xa moitos anos.