CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 13, 2011

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2012

ISSN: 1698-7861

Prezo: 9 €

Páxinas: 515

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Grafinova, S.A.

O número 13 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” (2011) contén 13 artigos verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (en perspectiva taxonómica, cognitiva, histórica, xeográfica, literaria, didáctica ou de uso por idades). Ofrécense unhas 3.000 unidades fraseolóxicas galegas recollidas recentemente na Terra de Bergantiños (Galicia). Faise recensión de 10 libros publicados recentemente e que conteñen traballos de 150 especialistas de todo o mundo. Dáse noticia de 6 congresos no ano 2011, de 133 artigos ou libros de recente aparición e de 23 recensións desta especialidade; entre ellas, está a referencia detallada da aparición dun “Dicionario de fraseoloxía castelán-galego” en formato electrónico e dunha aplicación paremiolóxica galega para Iphone. A información e a análise que forman este volume de 515 páxinas está elaborada por investigadores de todas as idades e niveis de ensino (incluído o básico) e de diferentes países europeos.

Contidos

Autor/TítuloPDF
AGUILAR RUIZ, Manuel José: Coñece-lo mundo baixomedieval hispánico a través dos seus refráns: “Los refranes que dizen las viejas tras el fuego”
DETRY, Florence: Do literal ó figurado: descodifica-las expresións idiomáticas na clase de LE
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Eva: Refráns e linguaxe xuvenil en alemán e español. Unha análise empírica
FERRO RUIBAL, Xesús: Álvaro Cunqueiro e a paremioloxía
GONZÁLEZ GARCÍA, Luis: Fraseoloxismos e lingua figurada. As persoas vistas como obxectos ou máquinas
GROBA BOUZA, Fernando: “Onde hai eguas, poldros nacen”. A realidade vista dende os equinos
HERRERO KACZMAREK, Claudia: O encontro e o desencontro expresado a través dos fraseoloxismos do campo cognitivo FALAR
LAREO, Inés: Colocacións con “make”, “take” e “do” + nome nun corpus do século XIX de textos ingleses científicos e literarios escritos por mulleres
MONTES LÓPEZ, María: Consideracións sobre a didáctica da fraseoloxía italiana a estudantes galegófonos
PIIRAINEN, Elisabeth: Ditos espallados por Europa e máis alá dela: O substrato máis antigo do “Lexicon of Common Figurative Units”
RÍO CORBACHO, María Pilar: BADARE: A personificación nos espazos de tempo
RUIZ QUEMOUN, Fernande: O espazo da tradución das expresións idiomáticas na clase de FLE (Francés como lingua estranxeira)
SOTO ARIAS, María Rosario: Interaccións verbais entre rapaz-adulto ou rapaz-rapaz. Contribucións á fraseoloxía
DOMÍNGUEZ RIAL, Evaristo: Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco)
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas