CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 14, 2012

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2013

ISSN: 1698-7861

Prezo: 8,60 €

Páxinas: 449

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Grafisant S.L.

O número 14, 2012 de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” contén na sección de Estudos 11 artigos verbo de diferentes aspectos das fraseoloxías e paremioloxías galega, portuguesa, española, catalá, italiana, alemá, inglesa, holandesa e dálmata (en perspectivas fraseográfica, cognitiva, taxonómica, histórica, xeográfica e literaria). A sección de Recadádivas ofrece materiais de fraseoloxía galega actual: 362 unidades fraseolóxicas e 198 paremias recollidas en Cuntis e no Morrazo ou exhumadas dunha escolma inédita feita na Coruña. A actualidade internacional da especialidade ofrécese na sección de Recensións (13 libros) e Novas (detalle bibliográfico de 106 libros ou artigos recentes; pormenorizada descrición de 7 congresos ou simposios, de tres novos recursos en rede e de diversas convocatorias de proxectos fraseolóxicos internacionais). A información e a análise que forman este volume de 449 páxinas está elaborada por investigadores de diferentes países europeos.

Contidos

Autor/TítuloPDF
AUGUSTO, Mª Celeste: Os enunciados (implicitados) de sabedoría no dicionario bilingüe conservan realmente a súa “sabedoría”?
BIOSCA POSTIUS, Mercè e MORVAY, Károly: A fraseoloxía moncadiana, 2
BRUNETTI, Simona: Fraseoloxía e superstición. Usos e costumes comparados de dous* pobos
BUJÁN OTERO, Patricia: Pataqueiras e Radieschen: fraseoloxía da morte en alemán e galego
FERRO RUIBAL, Xesús e VARELA MARTÍNEZ Xacinta: Fraseoloxía e paremioloxía galega nos escritos do P. Martín Sarmiento? (1695-1772)
HOLTZINGER, Herbert: Unikale Elemente. Apuntamentos sobre as palabras ligadas fraseoloxicamente do alemán actual
MONTORO DEL ARCO, Esteban: Luis Montoto y Rautenstrauch (1851-1929), fraseólogo
OLZA MORENO, Inés: Fijo que este artículo te gustará: o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés??
ROBLES I SABATER, Ferran: As locucións marcadoras de reformulación con decir, dir, sagen
UGARTE BALLESTER, Xus: A aldraxe proverbial da preguiza nas dúas versións españolas de The Way to Wealth de Benjamin Franklin
VULETIĆ, Nikola: Os ditos do derradeiro en falar: notas de fraseoloxía dálmata
CASTRO OTERO, Salvador e outros: Outros lances nos laños do Morrazo. Nova recollida de unidades fraseolóxicas
CERVIÑO FERRÍN, M. ª Victoria: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1
FERRO RUIBAL, Xesús: Fraseoloxía e paremioloxía galega anotada por José Pérez Ballesteros (1833-1918)
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas