CRPIH

 

Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Cartas a Fermín Penzol.

Xosé Luís Cochón (edición, introdución e notas), Lorena Domínguez Mallo e Anastasio Iglesias Blanco (colaboradores).

2013

978-84-453-5120-8

Prezo: 7,70 €

Páxinas: 166

Formato: libro 17x24 mm

Imprime: Grafisant SL

A liña de traballo consistente na publicación de material epistolar da autoría de sobranceiras figuras da nosa literatura ou dos nosos estudos filolóxicos ten unha nova contribución en Cartas a Fermín Penzol, quen foi ilustre mecenas da cultura galega. Ramón Piñeiro, Ben-Cho-Shey, Cabanillas e Otero Pedrayo son os autores deste moi interesante feixe de cartas que se reproducen con escrupuloso respecto aos textos orixinais e se completan con observacións críticas co engadido de abondosas notas a rodapé. O limiar e mais a nota de edición caracterizan e xustifican o contido deste libro e as súas peculiaridades filolóxicas.