CRPIH

 

Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

2014

ISSN: 1698-7861

Prezo: 9,50 €

Páxinas: 616

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Segaoff

O número 15, 2013 de Cadernos de Fraseoloxía Galega (616 páxs) contén 15 traballos que abordan diversos aspectos fraseolóxicos (históricos, semánticos, diatópicos, haxiocronolóxicos, didácticos) de 18 linguas: galego, portugués, asturiano, aragonés, español, catalán, francés, italiano, véneto, romanés, vasco, bretón, gaélico, inglés, alemán, grego, polaco, ruso, finés e húngaro. Inclúe tamén un pequeno dicionario fraseolóxico galego-catalán catalán-galego. Saen á luz tres recentes recadádivas de fraseoloxía viva, dúas do sur de Galicia e outra temática (comida e bebida). Faise recensión crítica de 10 obras da especialidade (entre elas tres novos dicionarios fraseolóxicos), e dáse conta da aparición de 89 libros ou artigos publicados no último ano; ademais de conferencias, congresos, simposios ou talleres de fraseoloxía que tiveron lugar no ano 2013 ou que se anuncian para o 2014. Con este número xa publicaron nesta revista 155 investigadores de 22 países.

Contidos

Autor/TítuloPDF
BEVILACQUA, Cleci Regina: O proxecto 'Combinacións léxicas especializadas' (Projecom)
CERRADELO, Silverio e VALLS, Esteve: Achega fraseolóxica para un dicionario bilingüe galego-catalán / catalán-galego
CRIDA ÁLVAREZ, Carlos Alberto: Na procura do mínimo paremiolóxico grego
FERRO RUIBAL, Xesús: Ser ~ parecer ~ facerse de Angrois. Relacións de clase e caducidade fraseolóxica en estereotipos de ignorancia e indiferenza
LEIVA ROJO, Jorge: Procedementos de tradución de locucións adverbiais no rexistro coloquial (italiano, alemán, español): estudo dun caso
MARTÍ SÁNCHEZ, Manuel: A distinción entre conxuncións e conectores discursivos e a súa manifestación fraseolóxica
NAVARRO, Carmen e DAL MASO, Elena: Análise culturolóxica da metáfora plantosémica en español e italiano
NÚÑEZ ROMÁN, Francisco: Diatopía, variabilidade e sinonimia en fraseoloxía
RAMOS SAÑUDO, Ana María: Achegamento á fraseoloxía do “dicir” en francés
RUIZ MARTÍNEZ, Ana María: Sobre a marcación diafásica das locucións en español
SEVILLA MUÑOZ, Julia e GARCÍA YELO, Marina: A elaboración dun corpus paremiolóxico por francófonos nativos
SOTO ARIAS, Mª Rosario: Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos
STROHSCHEN, Carola: A fraseodidáctica nos materiais para o ensino do alemán como lingua estranxeira
TIMOFEEVA, Larissa: Fraseodidáctica: a fraseoloxía para a didáctica
VELASCO MENÉNDEZ, Josefina: Breve ensaio histórico do estudo da fraseoloxía rusa (dende os seus inicios ata mediados da segunda metade do s. xx)
CERVIÑO FERRÍN, M.ª Victoria: Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2
MARTÍNS SEIXO, Ramón Anxo: Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega
RUBINOS CONDE, Miguel: Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia
Varios Autores: Recensións
Varios Autores: Novas