CRPIH

 

Fala das musas e outros poemas. Daniel Pernas Nieto

Armando Requeixo (edición).

2014

978-84-453-5164-2

Prezo: 9,70 €

Páxinas: 165

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Daniel Pernas Nieto foi un poeta lugués, colaborador na prensa cultural e literaria do seu tempo (Galicia, Follas Novas, Vallibria, El Eco de Villalba) e cura ecónomo na parroquia de Santiago de Baroncelle. Como poeta, deixou esparexidas diversas composicións e conseguiu publicar, en lingua galega, o seu único poemario, Fala d’as Musas, que apareceu nos tráxicos días do Nadal de 1936 e que leva un breve prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro. Libro encadrable no apartado de poesía da terra, reprodúcese agora nunha coidada edición do profesor Armando Requeixo.