CRPIH

 

ArGaMed 3/2020. Guía para o estudo da prosa galega medieval.

Corral Díaz, Esther (coord.) e Pichel, Ricardo (coord.)

2020

e-ISSN: 2695-3951

Soporte: Publicación electrónica en liña

Prezo: de balde

Páxinas: 315

Formato: 210x297 mm

Este nº 3 da serie ArGaMed, é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños). O manual ten como obxectivo dar a coñecer ao público interesado todos os textos literarios compostos en galego na Idade Media de forma sintética e seria, e está ilustrado cun amplo repertorio de imaxes dos manuscritos. Para iso realízase en cada obra un estudo sucinto da descrición física dos testemuños que conservan a obra, unha análise concisa do texto que teña en conta as súas características, a súa tradición textual e o seu contexto de produción. Por último, complétase cun exhaustivo apéndice bibliográfico particular que recolle as edicións, estudos e proxectos da obra publicados (e en curso de realización), e un índice de axentes e espazos culturais que evidencian o ambiente sociocultural da época na área setentrional peninsular.