Logo Sulco e Vento
Sulco e Vento

Álvaro de las Casas; Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); María Cuquejo Enríquez (Edición)

(2004)

84-453-3791-2

Prezo: 10 €

Páxinas: 212

Formato: 14,3 x 21 cm.

Imprime:

O polifacético escritor, político e profesor ourensán Álvaro de las Casas publicou o poemario Sulco e vento en 1931 e tempo despois, en 1936, en Portugal, apareceu unha segunda edición aumentada cun feixe de novos poemas e con grafías portuguesas. A que agora presentamos está baseada na primeira co engadido dos poemas que o escritor incorporou á segunda e mais os poemas soltos. Cronobiografía do escritor co percorrido pola súa obra, bibliografía activa e pasiva, contexto poético da época, caracterización interna e externa do poemario, análise lingüística e diversa documentación do escritor son os apartados fundamentais desta recuperación dun texto poético pouco coñecido e, no entanto, non carente de interese.