Arquivo Galicia Medieval

    logo
    BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval

    A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos de bibliografía especializada na literatura medieval galego-portuguesa. Recompila referencias á produción científica con dedicación á Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, obxecto de estudo do Arquivo Galicia Medieval (ARGAMED).

    logo
    Cantigas de Santa María

    O Proxecto Cantigas de Santa María forma parte do proxecto ArGaMed, e engade o estudo da poesía relixiosa ao da lírica profana, tanto no que respecta as cantigas marianas afonsinas na súa edición peleográfica e crítica, como á complementación da base de datos bibliográfica.

    logo
    Prosa Literaria Galega Medieval

    O Proxecto pretende conservar e difundir a través de edicións impresas e electrónicas os textos en prosa escritos en galego durante a Idade Media.

    logo
    Lírica profana galego-portuguesa

    O proxecto naceu co obxectivo de proporcionar instrumentos de traballo fiables e de fácil acceso para os estudosos da lírica galego-portuguesa.

Lingüística

    logo
    CODOLGA-Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.

    O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae é un corpus textual que se actualiza anualmente con documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia comprendida entre o século VI e o século XV, ambos inclusive, a partir das edicións dispoñibles. Nestes momentos (maio de 2022) conta con 18.873 documentos que recollen o contido de 236 edicións de fontes documentais. Cada documento, debidamente escaneado e limpo de toda información editorial non latina, conta cunha cabeceira individual composta por 46 campos de información arquivística, cronolóxica e editorial. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos, Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario, Melón, Montederramo, Ferreira de Pantón, Pombeiro, San Clodio do Ribeiro, Ferreira de Pallares, Fiães etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense e Ordes Militares.

    logo
    Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA)

    O Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades inclúe entre os seus obxectivos fundacionais o deseño e o desenvolvemento de recursos informáticos que axuden á incorporación da lingua galega ao mundo das novas tecnoloxías da información. Co proxecto CORGA preténdese contribuír a ese obxectivo poñendo á disposición da comunidade científica un recurso accesible a través de Internet que posibilite a obtención de datos para o estudo de aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da historia recente da nosa lingua.

    logo
    Tesouro paleogalaico

    O proxecto Tesouro paleogalaico (TPGal) ten como obxectivo a recollida exhaustiva e estudo de todo o material lingüístico prelatino de Galicia, abranguendo tamén toda a información relevante para esta área e material de estudo procedente do resto da península Ibérica e dos demais territorios europeos, con especial atención a aqueles en que se falaron e se seguen falando linguas célticas.

    logo
    Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA)

    O obxectivo deste proxecto é o desenvolvemento de ferramentas que permitan o recoñecemento e a análise automática do galego actual. En particular, ten especial interese o desenvolvemento dun etiquetador e lematizador de moi alta precisión que permita etiquetar e lematizar automaticamente os documentos do proxecto CORGA, e poder así desenvolver un sistema de consultas que utilice información lingüística (etiquetas, lemas, hiperlemas, subcategorías gramaticais etc.).

    logo
    IGALEX

    IGALEX desenvolve varios proxectos de orientación lexicográfica: dicionarios xerais e vocabularios de linguas de especialidade que poñen en contacto o galego e o italiano. Ao mesmo tempo, realiza tarefas de asesoramento lingüístico para institucións e empresas do ámbito galego e contribúe á formación de estudantes de grao (ofertando materias de Lexicografía no Maior Plus, itinerario de italiano, Grao en Linguas e Literaturas Modernas) e mestrado (no Máster Erasmus Mundus EMLex) desde a perspectiva da lingüística e a lexicografía italogalegas.

    logo
    TERMIGAL

    O Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) encárgase principalmente da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, da elaboración de recursos terminolóxicos sobre as distintas linguaxes de especialidade e da estandarización dos neoloxismos e o léxico científico-técnico en galego.

    logo
    Sintetizador de voz para o galego (CoToVía)

    A construción dun sintetizador de voz para o galego, que se está a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, é un proxecto interdisciplinar no que traballa un equipo integrado por enxeñeiros superiores de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e lingüistas da Universidade de Santiago de Compostela.

    logo
    BILEGA. Bibliografía Informatizada da Lingua Galega

    Bibliografía analítica deseñada como base de datos relacional que ofrece información sobre traballos de investigación, divulgación e opinión que teñen por obxecto a lingua galega en calquera das fases do seu desenvolvemento histórico.

Literatura

    logo
    Legados literarios

    O proxecto Legados literarios está centrado na catalogación, indexación, estudo e exhumación dos legados literarios depositados no CRPIH; a saber: o Legado literario Aníbal Otero e o Legado literario Luísa Villalta.

    logo
    Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos

    O proxecto está centrado na recuperación de textos literarios e publicacións de prensa anteriores a 1975. O obxectivo fundamental é a edición e actualización de obras e cabeceiras de difícil consulta nos seus orixinais, a compilación de textos dispersos en prensa para a súa edición por xunto e a publicación de obras de época que, por motivos diversos, ficaron inéditas.

    logo
    Bibliografía da literatura galega

    O proxecto “Bibliografía da literatura galega” ten por obxectivo reunir do xeito máis exhaustivo posible toda a información relacionada coa literatura galega contemporánea, dende 1800 até a actualidade. A orientación actual está na dirección de confluír co proxecto “Informes de literatura” xa que este último contén a bibliografía descrita de e sobre a literatura galega dende 1995 até a actualidade.

    logo
    Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil

    Este proxecto, creado a finais do ano 2012, acolle os traballos de investigación que anualmente realizan sobre Literatura Infantil e Xuvenil galega e doutros ámbitos lingüísticos os membros da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI); os da Asociación de Investigadores en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS; os da Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia; e os do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela LITER21 (GI-1819) adscritos ás súas liñas de investigación: “Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas”.

    logo
    Informes de Literatura

    Os “Informes de literatura” son un observatorio que recolle a produción anual de e sobre Literatura galega que se publica en Galicia e fóra dela, en galego e noutras linguas.

    logo
    Dicionarios de literatura

    Gran dicionario xeral de termos literarios, que inclúe voces referidas a Retórica, Métrica, Semiótica, Poética, Narratoloxía, Ciberliteratura, Hermenéutica, etc.

Outras Humanidades

    logo
    Fraseoloxía galega

    Fraseoloxía Galega é un proxecto destinado a impulsar os estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, traducir ao galego obras fraseolóxicas de referencia e construír un Tesouro Fraseolóxico Galego.

    logo
    Proxecto para a Avaliación e Aprendizaxe de Galego

    O proxecto botou a andar co obxectivo de deseñar probas que permitan a acreditación do coñecemento de lingua galega de acordo cos parámetros marcados por ALTE (Association of Language Testers in Europe).