Logo Cadernos Ramón Piñeiro (VI)
Cadernos Ramón Piñeiro (VI)

Xoán Bernárdez Vilar (Edición)

(2004)

84-453-3922-2

Prezo: 7 €

Páxinas: 188

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (676 KB)

Á súa traxectoria como narrador hai que sumar, na persoa de Xoán Bernárdez Vilar, o traballo como investigador, e desta última faceta é boa mostra a presente edición da Chronica de Idacio Lémico, un texto latino que recolle os principias feitos acontecidos no Imperio Romano do ano 379 ao 469, pero que anota, así mesmo, o acontecido na Gallaecia e por iso constitúe a súa Chronica un documento decisivo que informa do noso pasado histórico ao longo case dunha centuria. A fixación do texto latino orixinal, a precisión de tradución, as case trescentas notas de todo tipo e as referencias á obra e ao autor con especial atención ás fontes empregadas por este integran este ilustrativo e interesante estudo que fai o número VI dos Cadernos Ramón Piñeiro.