Logo Cadernos Ramón Piñeiro XXXV. Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia
Cadernos Ramón Piñeiro XXXV. Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia

Luís Cochón e Luís Alonso Girgado (editores)

(2016)

978-84-453-5216-8

Prezo: 11,20 €

Páxinas: 336

Formato: 240x170 mm

Imprime: Grafisant, S.L.

Descargar (3 MB)

Co título de Manuel María: cecais hai unha luz. Memorabilia, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publica este libro de homenaxe ao poeta chairego Manuel María, ao que neste ano 2016 está dedicado o noso Día das Letras. Contén este volume un total de vintesete traballos, de breve e mediana extensión, que indagan na vida e obra do escritor, especialmente no seu amplo corpus poético, que supera os corenta títulos. Pecha a serie de traballos un conxunto epistolar de máis de cincuenta cartas entre o poeta e Ramón Piñeiro.