Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 26
Cadernos de Fraseoloxía Galega 26

Varios; Mª Isabel González Rey (Directora)

(2026)

DOI: https://doi.org/10.52740/cfg.25.26.00095

e-ISSN: 2605-4507

Soporte: Publicación electrónica en liña

Páxinas: 608

Formato: 240x170 mm

Maquetación: Máis Deseño Silleda SL

Descargar (9 MB)

Cadernos de Fraseoloxía Galega rende homenaxe á fraseóloga cubana Maria Luisa Ortiz Alvarez no seu número 26 con seis artigos interdisciplinares sobre a fraseodidáctica, a fraseoloxía bíblica, a linguoculturoloxía comparada, as expresións gastronómicas e a fraseotradución asistida por IA xenerativa, en diferentes linguas (portugués, francés, español, italiano…). Na sección Varia recóllense dous artigos dedicados á fraseoculturoloxía contrastiva chinesa-francesa e ás expresións figuradas nun contexto hospitalario. No apartado Recadádivas preséntase un dicionario galego de linguaxe figurada animal e unha compilación de unidades fraseolóxicas das Cantigas de Santa María. Pechan o número nove recensións de obras recentes do eido fraseolóxico e unha selección das novidades bibliográficas publicadas en 2024 (Novas).

Contidos